O sector lácteo galego:unha visión no longo prazo.
Cives Rey, Jenifer
[Resumo]: Neste traballo realízase unha visión xeral da evolución do sector lácteo galego desde finais do século XIX ata a actualidade. Para o levar a cabo empregamos fontes estatísticas oficiais, fontes secundarias e tamén fontes orais mediante entrevistas aos diferentes axentes da cadea de valor e representantes da Administración autonómica. Malia o enfoque a longo prazo, a investigación céntrase nas últimas décadas, facendo especial énfase nas repercusións da entrada na Comunidade Económica Europea, a Política Agraria Común e as cotas lácteas. As constricións do marco institucional obrigaron os gandeiros a unha continuada política de adaptación, manifestada nunha drástica redución do número de explotacións e dos seus custos produtivos. Ese proceso agravouse nos últimos anos polos impacto da crise económica e do fin das cotas, o que levou o sector a unha situación crítica.
↧